mardi 11 septembre 2012

A PRESTIXIADA AUTOCONFIANZA DA ESTRELA POLAR

  O mito que perseguín hai unhas noites foron estrelas caendo no ceo negro, coma un decorado teatral sometido ao caos. Antón armouse de telescopios e prismáticos, armas exentas de permiso, contra a medianoite. Quero ver a Osa Maior, advertiume con esa seguridade coa que soamente un neno de seis anos pode falar a respecto dunha materia sobre o que armou unha idea aproximada. A adolescencia é o limes no que sentimos reparo en opinar sobre un tema virxe. Todo o que sei sobre estrelas abrangue dende a prestixiada autoconfianza da... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:34 - Commentaires [0] - Permalien [#]