iSign

 

Isto é unha reprodución da vella pregunta que lle espetas aos fillos nos esporádicos actos de indisciplina: "Que foi? Non entendes o galego?" Os pais da patria empezaron faltando en 1978: equiparan Catalunya con La Rioja e outros parques temáticos de non máis recente alumamento. Suma e segue. En 2010, doce xuíces len con miopía centrípeta unha reforma estatutaria votada favorablemente por ducias de milleiros de cataláns. Doce contra a multitude, coma nas películas de John Wayne. O modelo amplificado, adulto e sensato foi a Marcha do Millón de Homes que entoldou onte a Gran Vía como aquela retratada Spike Lee que retomaba a de Martin Luther King. A arela está estendida en todo estrato, máis cando a resposta vai á moda de Miláns del Bosch. A única mudanza de onte foi estética. Pere Tobaruela podería explicárllelo máis nidiamente, prezados clientes, pero prosigo. Cando o Duque de Berwick asediaba Barcelona a beneficio de Felipe de Borbón, os defensores estableceron un contrasinal para recoñecer ás espías castelás: «Setze jutges d'un jutjat mengen fetge d'un penjat; si el penjat es despengés es menjaria els setze fetges dels setze jutges que l'han jutjat». Como conciliou o descendente daquel monarca: "Hablando se entiende la gente". Pois os cataláns xa falaron.

Photo: Gothan City. Thomas Leong