Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 septembre 2012

UN PONI NO BAÑO

mgb11_p_smith_09_untitled-goats-web

 

Kant pediu ao teólogo medieval San Anselmo de Aosta que acougase no seu entusiasmo. Este último formulara a teoría de que, se Deus posuía todos os atributos positivos, tería que posuír o de existir para ser perfecto. Logo, Deus existía por definición. O pensador do século XVIII veu refutarlle que el podía decidir que, se sentía peso no seu peto dereito e ser rico era algo positivo, o seu peto debería estar cheo de táleros. A proba era igual de fiable en tanto en canto non metese a man no peto para experimentar a decepción. Veño de lerllo a Pietro Emanuele en Los cien táleros de Kant, que reedita Alianza. O filósofo alemán indignouse tanto que mesmo lle espeta ao santo que "un home que quixese aumentar os seus coñecementos por meras ideas sería coma un comerciante que engade ceros aos balances para aumentar o seu capital". Engade que, "cen táleros imaxinados terían para el o mesmo valor ca cen táleros reais; polo tanto, contraería débedas co dato imaxinado". Un xogo semellante, aínda que empuxado cara ao absurdo, establece Jim Thompson en Pob. 1280 (Rinoceronte). O protagonista é o sheriff Nick Corey, lacazán confeso, que trata de acceder a un baño para alixeirar a vexiga. Un home que fai cola explícalle que hai unha rapaza dentro, no servizo de cabaleiros. O sheriff pregúntalle que fai unha muller nese ámbito masculino. "Entrou montada nun poni e el tamén ten as súas necesidades", explícalle o interlocutor. Ao longo da novela, o sheriff asiste con equiparable indolencia a feitos sobre os que debería impoñer a súa potestade. Kant e Thompson describen o acontecido nestes anos en Europa.

Photo. Untitled (1954) W. Eugene Smith. Gelatin silver print 34.6 x 25.2 cm. Center for Creative Photography, University of Arizona: W. Eugene Smith Archive / Gift of the artist© The Heirs of W. Eugene Smith, courtesy Black Star, Inc., New York

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité