lundi 17 septembre 2012

UN PONI NO BAÑO

  Kant pediu ao teólogo medieval San Anselmo de Aosta que acougase no seu entusiasmo. Este último formulara a teoría de que, se Deus posuía todos os atributos positivos, tería que posuír o de existir para ser perfecto. Logo, Deus existía por definición. O pensador do século XVIII veu refutarlle que el podía decidir que, se sentía peso no seu peto dereito e ser rico era algo positivo, o seu peto debería estar cheo de táleros. A proba era igual de fiable en tanto en canto non metese a man no peto para experimentar a decepción.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:53 - Commentaires [0] - Permalien [#]