Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 septembre 2012

O HOME QUE DEITOU O ROTRING

robin williams and Saul Bellow

 

As terrazas teñen un aura de inspiración para os escritores. Unha boa parte da literatura norteamericana do século XX manou das terrazas cafés parisinos, que son incómodas polas mesas que non superan en tamaño ás bandexas dos camareiros e por estar expostas á intemperie que representa o roce dos viandantes. Como contaba o maledicente Saul Bellow ao seu editor (Cartas, Alfabia) os estadounidenses acudían á capital francesa na procura de inspiración “malia que non len libros franceses, falan mal a lingua e nunca están a soas cun francés”. Con todo, adoito sentar na terraza do Costa Verde, en Ribadeo, con vistas ao Campín dos Curas, onde os rapaces xogan ao fútbol. Daquela sempre lembro a fantasmada de Murakami, cando asegura que decidiu ser escritor contemplando un partido de beisbol, no momento concreto en que un bateador golpeaba unha pelota. Sospeito que a inspiración ten máis entidade ca un choque de dous obxectos. Esta semana acordoume Suso Peña, o debuxante de cómic que deitou o rotring dunha carreira internacional para regresar ao seu Ribadeo natal. Peña considerou que a súa inspiración estaba pasada de data. Conversei sobre el con Nicolás Asensio, profesor de Matemáticas en Foz. As matemáticas son a única arte dunha beleza incuestionable porque son necesariamente perfectas. Esa cualidade permítelles manterse á marxe da inspiración. Suspendo nos números dende os tempos en que mos aprendía sor Cleofé. Botaba as clases máis pendente dos tres pelos que lle nacían dun lunar gordo no queixo que da pizarra. Por iso, volverei ás terrazas ribadenses coa esperanza de que un balonazo na cabeza me devolva a inspiración.

Photo: Robin Williams and Saul Bellow looking all. Richard Corman

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 430
Publicité