
Cada persoa vai construíndo o seu país. Avanzamos cara a territorios ideais porque a curiosidade é o combustible máis barato antes de impostos. Os colectivos tamén viven colocando laxes para empedrárense o camiño. Mesmo ás veces meten un acelerón na xeira e se concentran en mitos, costumes e gañancias que os identifican para desenvolver toda a súa potencialidade nacional. Cataluña escapa asustada e corre ilusionada. Nada novo. Todo nace para morrer, os estados tamén. Irá para un ano que eu camiñaba polas amplas salas...
[Lire la suite]