Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 septembre 2012

A LÓXICA DIFUSA NOS DEBATES ELECTORAIS DO 21-0

 

voc_archi_town_1_pic_com_center

 

Xico e máis eu agardabamos a que os nosos fillos saísen desa derivación perversa do sistema educativo que son as actividades extraescolares. Xico, que é profesor de Matemáticas, descubriume a lóxica difusa explicándome que "é o que fai funcionar os trens chineses". Segundo lle entendín a lóxica é binaria: o resultado é 0 ou é un 1. A lóxica difusa contempla as posibilidades entre 0 e 1. Alberto Núñez Feijoo vestiuse de candidato á presidente da Xunta aceptando a lóxica difusa de que pode gañar, pode perder e o contrario. A Syriza de Beiras asomando polo fondo do corredor do Hórreo introduciu esa incertidume nunhas eleccións nas que entendera hai un ano que lle abondaba con derrotar a Pachi Vázquez e a quen lle puxesen dediante os de Guillerme Vázquez. Por iso el, ou Alfonso Rueda, que dirixe as manobras pacíficas do partido no Campo de Marte, aceptaron esa peculiar forma de debater na televisión, unha mostra máis de que a normalidade é excepción no noso país. Noutras democracias, o normal sería un encontro solemne e temperado entre os dous aspirantes con máis posibilidades a durmir no Monte Pío dende o 22-O. En Galicia, aplicamos todas as varientes: Feijoo-Vázquez, Feijoo-Jorquera e Vázquez-Jorquera. Se hai unha lóxica nacional ten que ser difusa. O resultado é que Feijoo logra equiparar aos seus dous rivais e, a maiores, que se desautoricen entre eles. Outra consecuencia é que o meritorio do Bloque a presidente galego dará solidificada a imaxe difusa que ten para o electorado. Aínda non comprendín o beneficio que tira Pachi Vázquez desta terna de encontros, de non ser que busque dialogar en público e maquillado con Jorquera para acadar un empate como os que consiguen os equipos que andan xustos para non descender ao remate da Liga.

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité