Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 septembre 2012

UNHA LECTORA ASALARIADA

cecil beaton

 

A MIÑA VOCACIÓN máis sólida é ser lector insolvente. Quero dicir, ter ao meu dispor milleiros de libros en papel coma para unha voda, con posibilidade para ter unha fidelidade donxoaniana a cada volume: poder collelos, abrirlles as follas ata deslombalos e ler a pracer neles ata rematalos ou ata rematar con eles por desinterese. No meu itinerario profesional, os oficios máis achegados eran recepcionista noturno de hotel ou vixilante de cemiterio. O hotel tería o atranco desagradable de que calquera viaxeiro podería requerirme en calquera páxina para que me ocupase de acomodalo un cuarto e de arrastrarlle voluminosas maletas, restándome unha media hora de páxinas emocionantes. Ter conta dun camposanto escuro e tétrico resultaríame incompatible con lecturas de Poe ou de Mary Shelley, algo ao que non estou por renunciar. A alternativa menos lesiva e mellor dotada de textos era ser libreiro, pero xa non son tempos. Cando eran, soñábame collendo un libro tras outro, encargando racións de tortilla e cafés ao bar do lado para non perder o tempo en banalidades. Pero a dixitalización tamén está fumigando as librarías. Os lectores non tardaremos en atoparmos perdidos nunha selva amazónica de novidade. Será cousa boa que xa non as talen para fornecernos de materia prima papeleira, pero non dou imaxinado un mundo sen prescriptores como Mari Carmen Silva, a lectora asalariada dunha libraría de Lugo que agora se nos xubila. Ela ten a virtude fundamental no seu oficio: saber formas nubes de títulos que se poden relacionar entre eles para guiar aos seus lectores en lista de espera.

Marlon Brando in 1946 photographed by Cecil Beaton

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité