Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
5 octobre 2012

UN HOME CABAL

weegee

 

"Non presumas, que é pecado", escoito a un home nunha desas conversas alleas entre descoñecidos que me prestan. O seu interlocutor, tan mal afeitado coma el e co cabelo non menos graxento, usara as palabras "muller", "coitelo" e "hospital" mentres representaba un apuñalamento. Xestualizaba coma nunha película de Murnau. Charlaban diante dos xuzgados de Lugo, na praza de Avilés, o espazo no que máis persoas acoden dende que a poboación imputada igualou á de veciños. Por outra banda, crúzaseme un político. Trata de evitarme. Confésame que está farto de que o seu nome apareza negro sobre branco. El xa é un acusado de vello. O seu delicto é cativeiro, soborda escasamente a falta moral, pero aínda ten que asinar periodicamente coma se pagase con tarxeta nun Mercadona. Albisca un fotógrafo de prensa. Retírase a un aparte. Os dous homes agachan as cabezas coma cadelos mansos. O actor Peter O'Toole empezou traballando coma mensaxeiro nun xornal. Ascendeu a axudante de fotografía. Arelou ser periodista ata que reparou en que amaba o protagonismo. O político despídese. Recupero a conversa dos homes con pelo pegañento. O agresor segue desculpándose. O amigo razoa coma un macho, primariamente: "Deberías botarlle un teque-teque para deixala contenta". O xesticulador resístese. "Ti es máis cabal do que pareces", conclúe o outro.

photo: Weegee

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité