vendredi 5 octobre 2012

UN HOME CABAL

  "Non presumas, que é pecado", escoito a un home nunha desas conversas alleas entre descoñecidos que me prestan. O seu interlocutor, tan mal afeitado coma el e co cabelo non menos graxento, usara as palabras "muller", "coitelo" e "hospital" mentres representaba un apuñalamento. Xestualizaba coma nunha película de Murnau. Charlaban diante dos xuzgados de Lugo, na praza de Avilés, o espazo no que máis persoas acoden dende que a poboación imputada igualou á de veciños. Por outra banda, crúzaseme un político. Trata de evitarme.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]