samedi 6 octobre 2012

JOSEPH ANTON NA CELA ABERTA

  SALMAN RUSHDIE tomou o seu tempo para acusar e desculparse. Tanto que cada aceno de sinalar co dedo como cada baixada de cabeza na procura de perdón semellan elaborados nun vagaroso mastigar de once anos de clandestidinade. Rushdie declara ao longo das 686 páxinas de ‘Joseph Anton’ (Mondadori). O título está collido do seu nome en clave cando o axeixaban os selvaxes. A editorial demostrou valentía para manter vivo en catálogo ‘Los versos satánicos’ tras a fetua de 1989 e que agora rehabilita o texto nunha nova edición.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]