Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 octobre 2012

A PAREDE DE ENFRONTE

 

cadeiras

 

Vai para unha semana que non leo ningún comentario novo de Xosé Carlos Caneiro en Twitter. O martes fixo un comentario en Twitter sobre a desaparición das páxinas sobre Galicia nun diario madrileño. Recibiu un ballón de reproches polo desprezo cara a uns xornalistas que quedaron sen traballo nestes tempos nos que volver atopar emprego no sector é difícil. Deume a impresión de que o tiro saiulle torto, de que se dirixía a outra diana, pero cada quen manda no que escribe e fai público, e non me atrevo a afondar na interpretación deses caracteres. A resposta doutros tuiteiros foi aceirada, pero, entre os seus efectos, tivo un que eu valoro. Xosé Carlos Caneiro soubo identificar o seu erro e pedir que se lle desculpase por el. Un engano grande veuse equiparado cun xesto grande. Non é doado solicitar o perdón en público. Agardei por parte dos seus interlocutores un aceno comprensivo, pero non chegou. Como consecuencia da metedura de zoca, as achegas de @xccaneiro desapareceron, algo que non comprendo. Entendo que, se tras unha intervención afeable, alguén sabe rectificar; debería aceptárselle a rectificación. O goberno da Xunta non ten moitas persoas relevantes da cultura que escriban ao seu favor. Non é algo que me sorprenda, pero si me incomoda que non haxa pluralidade de voces autorizadas e formadas que tenga un punto de vista diverxente do meu. A miña visión do país e da súa sociedade é considerablemente distinta á de Xosé Carlos Caneiro, pero se el cala porque o critican non poderei coñecer a súa opinión e, por mor diso, carecerei de máis e mellores argumentos para formar a miña. A democracia consiste en que todos acodamos ao foro coas nosas ideas e percepcións para poder presentalas, discutilas e, mellor ca mellor, varialas cara á sensatez.

photo. Chaises de Luxembourg, le débat. Jerome Mercier

Publicité
Publicité
Commentaires
J
moi agradecido polo comentario, Júlio
Répondre
J
Pois eu, que coincido em muitas coisas com Caneiro, não posso menos que aplaudir este gesto que te honra.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité