
UNHAS SEMANAS atrás recibín un correo de Gabriel. Había dez anos que non sabía del. «Agora fago ioga», arrincaba advertindo con esa brusquidade coa que unha vinteaneira anuncia aos pais perplexos que vai durmir onda o mozo. O aviso sobre ese xeito de vida non me sorprendeu, porque Gabriel non cambiou, sempre temín que era unha desas persoas que dá en facer respiración trascendental. Un día liscou dun traballo remunerado e considerado na multinacional Dupont para marchar a China. Entre a linguaxe dos signos e o inglés deuse...
[Lire la suite]