andre kertesz (1)

 

Vivimos inmersos en ámbitos informativos en cada minuto das nosas vidas. As noticias, dende as máis íntimas ás máis afastadas, determinan as nosas vidas. O obradoiro As persoas elegantes usan polaroids, que impartirá Jaureguizar e ao que se pode asistir de balde, axudaranos a comprender os mecanismos que usan os profesionais para conformar e transmitir as noticias. O curso vai dirixido a calquera persoa interesada na comunicación sen precisar de experiencia ou formación previas. Pode atraer especialmente a estudantes, tanto de Xornalismo como de Comunicación Audiovisual, e mesmo de Arte, filoloxías, Historia, Filosofía, etc. O enfoque evitará o academicismo e será práctico, partindo de exemplos dos mestres para traballar dende o primeiro con simulacións e análises. Jaureguizar achegará a experiencia de levar 20 anos como profesional de medios de comunicación e 16 impartindo obradoiros de periodismo e literatura. A participación neste curso, promovido por El Corte Inglés e Xestión Literaria, está limitada a 20 prazas.

Para apuntarse.

Tfn. 986.41.51.11. (Departamento de Relacións Externas de El Corte Inglés)

e-m: secretariadireccionvigo@elcorteingles.es

 

Photo. André Kertesz