Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
11 octobre 2012

HOUBO UN DÍA EN QUE LLE MENTÍN Á GARDA CIVIL

EUGENE ATGET

 

Houbo un día en que mentín á Garda Civil. Non o tiña por costume, pero aquela tarde non atopei alternativa máis confortable ca tratar de enganar aos axentes e apretar os dentes confiado en logralo. Os anos 90 aínda non marcharan. Aquela Navarra distaba de ser unha terra donda na que plantar espárragos; sobre todo, no norte euskaldún tan cercano a Francia. Euskadi gozará este ano dunhas eleccións sen cubos de lixo arroxados aos candidatos e sen bombonas de cámping gas. Afortunadamente, haberá cotidianeidade política. Pero naquela tarde dos 90, co sol retrocedendo baixo as montañas francesas circulaba eu nun Clío vermello por unha estrada gris na que un tractorista debería conducir con atención. Foi á volta dunha curva cando se me interpuxeron no camiño tres gardas civís coma tres espartacos. Termaban dun pastor alemán de tal bravura que semellaba Usaín Bolt saltando dos tacos. "Baixe do vehículo coas mans afastadas do corpo. Documentación. Abra o maleteiro". Agradecín daquela que a barba me sente tan mal. Os numeros non acreditaban: vehículo de Lugo, documentación de vasco residente en Lugo; un bastón de monte e unha cantimplora por equipaxe. Chamaron por radio a Información. Este Jaureguizar non figura nos ficheiros. O sitio no que estabamos era Dantzarinea, un inadvertido paso fronterizo usado polos etarras para cruzar. "E vostede que fai aquí?" "Dando unha volta", mentín. O axente torceu o xesto, pero aceptou deixarme marchar por falta de agarradeiras policiais. E que había de contarlles? Que andaba visitando os espazos de 'La última vuelta del camino'? Que viña de Bera do Bidasoa seguindo a ruta de Pío Baroja?

Photo. Heurtoir à tête de lion, hôtel de la Monnaie, quai Conti, 6e arrondissement. (1990) Eugène Atget

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité