Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
20 octobre 2012

SANTIAGO, JAURE, SANTI: INTIMIDADE

lawrence durrell

 

A intimidade atopámola nos lugares máis desabridos. A min acontécenme nos bancos, onde me tratan de Santiago. Ás veces cústame reaccionar cando me falan polo nome de pía porque a mín caeume por un tío carlistón, larpeiro e sentimental. Subtituín un inexistente herdeiro de seu. Ninguén me trata de Santiago; nin a muller, que optou na orixe por un retranqueiro Jaure. En Lugo, vén sendo norma consuetudinaria que identifiquemos polo apelido. Ela, non sendo da provincia, atopoulle chiste tras escoitarllo aos meus amigos. A única persoa que contaba con ascendente abondo para dirixírsme dese xeito era a miña avoa Aurora. Santi era o cotiá, pero medraba ata Santiago! cando tiña algo que reprocharme, que era bastante habitual. Agora, coa vista de paxaro dos anos pasados, comprendo que unha muller desterrada no franquismo remoto á Serra de Xaén por militar no PNV non estaba para aturar indisciplinas dun neto adolescente. Onte pola mañá, unha muller volveu a chamarme Santiago. Eu trataba de que me activase a tarxeta de crédito , pero ella tirou por informarme de que o banco que nos unía non será intervido. Para desvelar ese dato confidencial a un descoñecido dirixíndote a el por teléfono, hai que notar intimidade a esgalla. Daquela lembrei a Hanif Kureishi en Intimidad: "O coñecemento fondo ten os seus perigos".

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité