
A intimidade atopámola nos lugares máis desabridos. A min acontécenme nos bancos, onde me tratan de Santiago. Ás veces cústame reaccionar cando me falan polo nome de pía porque a mín caeume por un tío carlistón, larpeiro e sentimental. Subtituín un inexistente herdeiro de seu. Ninguén me trata de Santiago; nin a muller, que optou na orixe por un retranqueiro Jaure. En Lugo, vén sendo norma consuetudinaria que identifiquemos polo apelido. Ela, non sendo da provincia, atopoulle chiste tras escoitarllo aos meus amigos. A única...
[Lire la suite]