ROLLAS ESTOUPANDO, RISAS E RUÍDO DE COITELOS E GARFOS
O escritor Amin Maalouf revelaba a tempo atrás a súa paixón gastronómica. Non deixaba de recoñecer que o seu papel na cociña «é de catador»; algo a supoñer, dado que está casado con Andrée Maalouf, autora de nomeados libros de receitas libanesas. Acomodado no ton íntimo e confesional, Amin Maalouf descubríanos a ledicia que lle representaban as encargas para escribir libretos de ópera. «Saqueime a sensación de atraso musical», apuntaba engadindo que o pai dirixía un programa de música clásica na radio e que a irmán toca o piano. Maalouf, o escritor, amosa ter mellor oído co seu colega Samuel Johnson, que detestaba a ópera italiana como «entretemento exótico e irracional». Certo que Johnson viviu ao longo do século XVIII, antes de que nacesen gastrófilos da envergadura de Rossini, Puccini e Verdi. As dúas apetencias do escritor, a musical e máis a culinaria, sorprendéronme porque eu agardaba que as relacionase citando algún deses pratos parmesanos —penso nos queixos e nos xamóns da rexión— que tanto gozaba Verdi. O outro mirei un programa de Rick Stein na canle Viajar no que argumentaba a importancia inspiratoria da cociña italiana na ópera do país. Preparou pratos que comían Rossini, Puccini e Verdi. Unha vez escoitadas as composicións producidas polo trío, Stein atreveuse a discrepar de Samuel Johnson afirmando que cando escoita ópera italiana sinte «rollas estoupando, risas e ruído de coitelos e garfos». Case que me arrepinto de terlle contado a Rick Stein que estaba ceando horriblemente unha vez que o asaltei en Ribadeo. Temo que afectase á súa opinión sobre as habaneiras que tan ben entoan na costa galega.
Este artigo é un resumo do publicado en El Progreso: esta é versión íntegra.