Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
28 octobre 2012

AUGAS NEGRAS, PIXAMAS BRANCOS

Black Water, New Mexico

 

Joan Didion conta cun verniz de retranca a urxente fuga do xeneral Gerardo Machado dende A Habana ata Miami nunha noite de agosto de 1933: «Levaba canda el cinco revólveres, sete sacos de ouro e cinco amigos en pixama». A reportaxe, Mañana Uno, forma parte de Los que sueñan el sueño dorado (Mondadori), que recolle traballos da xornalista norteamericana. O mellor para perder o respecto desmedido cara aos mandatarios é imaxinalos na intimidade. Certo que tampouco debemos entregarnos ao exceso. Vin tantas medianoites a Leopoldo Calvo-Sotelo deambulando en xersei mariñeiro nun ciclomotor famélico por Ribadeo que despois non o daba identificado con aquel señorón de traxe gris que defendía os orzamentos no templo da Carreira de San Xerome. Algo semellante lles aconteceu aos franceses co seu fugaz presidente Paul Deschanel, que gobernou o hexágono durante oito meses de 1920. O seu prestixio caeulle dun tren en marcha. Linllo a Hemingway na nova recompilación de artigos Sobre París (Elba). Nunha colaboración para o Toronto Star, o correspondente en Francia recréase contando que a noite na que Deschanel foi descuberto en pixama e aparvado de somníferos nunha vía ferroviaria, perdeu o seu cargo. No mantemento desa aura, foi ben coidadoso o presidente francés Jacques Chirac. Christophe Deloire y Christophe Dubois desvelaron en Sexus politicus a absoluta confianza nel da súa muller, Bernardette, en corenta anos de matrimonio. «Bernardette adoitaba chamar aos servizos secretos para preguntarlles onde durmira o seu home aquela noite», contan.

photo: Black water (New Mexico). Gloria Baker Feinstein

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité