
Joan Didion conta cun verniz de retranca a urxente fuga do xeneral Gerardo Machado dende A Habana ata Miami nunha noite de agosto de 1933: «Levaba canda el cinco revólveres, sete sacos de ouro e cinco amigos en pixama». A reportaxe, Mañana Uno, forma parte de Los que sueñan el sueño dorado (Mondadori), que recolle traballos da xornalista norteamericana. O mellor para perder o respecto desmedido cara aos mandatarios é imaxinalos na intimidade. Certo que tampouco debemos entregarnos ao exceso. Vin tantas medianoites a Leopoldo...
[Lire la suite]