O OUTONO NON ME MARCHA DA CASA
Os poetas de agora non viven o outono coma antes. Xa non dedican os seráns a contemplar a vagarenta e prácida caída da folla, senón que a recrean en Twitter. Xa non lamentan o demorado repregue da vida cara aos cuarteis de inverno, senón que tratan de revivilo e conservalo nas fotografías de árbores que publican en Facebook. Pero o outono converteuse nunha especie de centro comercial, ao que acudimos neste tempo para apañar unhas castañas ou recolectar unhas setas con cestos de vimbio e impermeables verdes de forro escocés. Eu teño bastante sorte porque o outono entra na miña casa grazas a amigos, coñecidos, achegados e outras minorías éticas. Na miña contorna persoal, como na de calquera, habitan afeccionados a visitar soutos con bolsas; amantes da carne de corzo cociñada nunha salsa densa e a elaborar mamelo. Mesmo circúndanme devotos de dedicar as tardes a machuchar froitas e hortalizas e a envasalas en tarros cunha tea de cadros laranxas e brancos por sombreiro.
Aquí pode ler o artigo completo
photo. Charing Cross Road (London, 1936) Wolfgang Suschitzky