lundi 29 octobre 2012

O OUTONO NON ME MARCHA DA CASA

  Os poetas de agora non viven o outono coma antes. Xa non dedican os seráns a contemplar a vagarenta e prácida caída da folla, senón que a recrean en Twitter. Xa non lamentan o demorado repregue da vida cara aos cuarteis de inverno, senón que tratan de revivilo e conservalo nas fotografías de árbores que publican en Facebook. Pero o outono converteuse nunha especie de centro comercial, ao que acudimos neste tempo para apañar unhas castañas ou recolectar unhas setas con cestos de vimbio e impermeables verdes de forro... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]