Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
1 novembre 2012

A ANSIEDADE DE NANCY REAGAN

 

photo by Eva Besnyö,

Na próxima edición de Google Maps, cando busquen Lugo, descubriran un home axitando os brazos en indignación nun Clío verde. Serei eu nunha imaxe de antonte. Circulaba pola Nacional VI en paralelo ao Miño cando o coche de cámara ampulosa que semella un vehículo cazatornados se me cruzou irreverentemente. Ese será o meu momento de gloria universal, que nunca esquecín a promesa que Andy Warhol nos legou. Porén, sempre padecín unha densa perplexidade diante a idea de situarme á fronte dun colectivo. Nunca tiven inclinación política, por moito que me ocupe a análise estratéxica, polo nunca serei presidente. Menos dos Estados Unidos, malia que nacín en Bilbao e os de Bilbao nacemos onde nos peta, pero desconfío de que se me consinta ser excepción na norma natalicia para ser máximo gobernante norteamericano. Obama aseguraba que as eleccións era unha cuestión que retrasaba a un segundo plano diante do Sandy. A min pasoume como a vostedes: que non acreditei. Na súa contabilidade electoral, o voto de Nova York é un manancial caudaloso. Máis ca na contabilidade de Mitt Romney, que debe de pensar o mesmo que confesaba Nancy Reagan no seu libro de memorias para describir o seu paso pola Casa Branca: “Eu prefería o sistema dos estudos de Hollywood, onde soamente debías ocuparte de actuar, á ansiedade de solucionalo todo en Nova York”.

Photo by Eva Besnyö

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 432
Publicité