jeudi 1 novembre 2012

A ANSIEDADE DE NANCY REAGAN

  Na próxima edición de Google Maps, cando busquen Lugo, descubriran un home axitando os brazos en indignación nun Clío verde. Serei eu nunha imaxe de antonte. Circulaba pola Nacional VI en paralelo ao Miño cando o coche de cámara ampulosa que semella un vehículo cazatornados se me cruzou irreverentemente. Ese será o meu momento de gloria universal, que nunca esquecín a promesa que Andy Warhol nos legou. Porén, sempre padecín unha densa perplexidade diante a idea de situarme á fronte dun colectivo. Nunca tiven inclinación... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:30 - Commentaires [0] - Permalien [#]