Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
4 novembre 2012

EXPOSTOS AOS APERITIVOS

aperitivo

 

Nesta altura do ano empezamos todos a parecer de Bilbao. Nas rúas ventea e chove por riba de nós, pero teimamos en consumir os aperitivos no exterior dos bares. O ano avanza, o clima empeora, pero quedamos aferrados a unha posición tomada, coma eses centos de soldados xaponeses que sobreviviron nas tobeiras alleos á sinatura da rendición asinada con pluma de ganso asmático por parte de Hirohito. Os hostaleiros fan un inxente esforzo económico e mesmo físico por atraernos ao interior dos seus locais. Cambian o mobiliario para favorecer a comodidade, avivan o lume das chemineas, instalan quentadores de queroseno, cambian as ventás por outras de dobre cristalería, rebaixan a intensidade da iluminación para que nos abrigue a escuridade, teñen conta de que as portas dos baños estean pechadas,... pero nós teimamos que nos abran as fiestras á rúa para poder quitar menos traballosamente os aperitivos confiando en que ese fugaz e morno sol do mediodía nos convenza de que o noso frío é máis unha sensación persoal ca unha certeza atmosférica. A conduta intensificouse coa lei seca para o tabaco.

para ler o artigo completo

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 426
Publicité