Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
14 novembre 2012

QUEN QUERE COMPRAR SORTE?

 

Connie Conway - Proleek Dolman

UNHA MULLER berra a gorxa aberta no fondo da Praza Maior de Lugo. Os andantes camiñan baixo o sol, encostado aínda, agochando as mans no peto. Pasan uns metros ao leste e ao oeste da señora, pero nin miran para ela, coma se non a sentisen. Escribiría que semella que formase parte do mobiliario instalado polo Concello, pero en Lugo todo veciño ten unha opinión profesional sobre mobiliario urbano. A vendedora usa unhas lentes anchas, que non lle deben abondar para ver, polo que ergue o ton do seu grito: «Alguén quere un cupón?» Os camiñantes van sumando recibos mentalmente, polo que non se ensoñan con premios en loterías. Loce o sol, un clima que parece atraer o azar, pero a xente perdeulle a fe ás sorpresas felices do destino. Todas as mañás abrazo aos meus fillos e me reconforta que algo tan agradable non se vexa afectado polo salto do Ive. Xa que as liberizacións de servizos coma a luz ou o subministro de combustible teñen as mesmas caras feas ca cando había monopolios, pregúntome por que non se liberalizan os actos que se poden desenvolver de xeito gratuíto. Dúas persoas que se queren, que son adultas e que se van beneficiar dun acto como casarse non deberían ter que agardar a que uns xuíces lles capacitasen para realizalo. O amor é un sentimento que soamente debería depender do avatar de que se produza un encontro. Quen prefira comprar a súa sorte, debe achegarse á muller das lentes.

Photo. Standing Stone (Proleek Dolman, County Louth, Ireland). Connie Conway

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité