Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
16 novembre 2012

AS FOLGAS DE OUTONO

foton paisaxe

 

AS MIÑAS FOLGAS xerais favoritas son as do outono. Como non hai quen varra as follas, Lugo parece aínda máis habitable. Onte madruguei, coma sempre, para contemplar as primeiras luzadas e abrir Twitter. Puiden imaxinar os comentaristas deitados quitando a man do ededrón nórdico para explicarse. Onte era día de xustificarse. Cada persoa coa que atopaba me informaba do motivo de respaldar ou non a convocatoria. A inmensa maioría afirmaba estaba traballando ou facendo folga torcendo a súa vontade. Advirto disto, a sindicalistas e subdelegado para que o consideren na contabilidade que nos acheguen hoxe. Acendín a radio, pero os tertulianos teñen no xenoma indicativos de cadansúa especie e abúrreme escoitalos en xornadas tan políticas. Hai tempo que me desencantou a busca dalgunha idea disonante e orixinal. Así que marchei a rúa coa concreta intención de facer abasto de pan. Na andaina encontrei o agardado: a parella de vellas agarradas contra o frío na rúa da Cruz preguntándose cando farán folga as amas de casa, o empresario petando co canto inferior do iPhone na reixa dunha cafetaría semiaberta en Bispo Aguirre, As Tres Grazas taconeando o frío na Tinería,... Sorprendéronme uns carteis redactados a man e pegados contra os escaparates de pequenos negocios. Advertían de que pecharan por folga de consumo. Iso si que me preocupou. A protesta de onte era un exemplar único na raza.

Photo: Tidbit News

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité