lundi 19 novembre 2012

O INATURABLE OCIO DE ROBINSON CRUSOE

  Paco Martín elaboroume toda unha teoría da literatura nos catro minutos de 50 segundos que botamos de fala na rúa Raíña segundo eu saía do banco co pan colgando dunha bolsa na man e andaba cara ao periódico. «Ao cabo, escribir serve para que un tipo pase vinte minutos divertidos. E iso está ben, pero non agardes máis nada», veu razoarme con esa fala súa de ritmos tan pausados e sabios. O que Paco me describiu entre bocalada e bocalada, levoulle a Ian Watts unha chea de páxinas de O ascenso da novela, o clásico que cita... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]