Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
20 novembre 2012

UN CORAZÓN SINXELO

Fan Ho 2

 

"As mans eran o peor", axustizaba Nieves. Referíase a Sarah Cracknell, a cantante de Saint Etienne, que actuaron o xoves en Vigo. Eu pregunteime polas expectativas de Nieves. Ela non fora escoitar un concerto, acudira expresamente para deixarse deslumbrar por un mito persoal. Asumida a súa decepción tras comprobar que a apariencia britanicamente deliciosa de Sarah estaba fanada por unhas mans que semellaban transplantadas dun corpo sen graza e unhas botas elixidas pola fatalidade, dedicouse a desmembrar o ideal coma fixeron os alemáns en 1941 coa estatua de Flaubert en Roen. Talvez, Nieves Rodríguez debería ter termado do devezo de ir ao concerto. Conservaría a candidez de manter elevada a Sarah coma lograra Felicité, a criada de Un corazón sinxelo de Flaubert, que deseca un louro porque non soporta que lle morra. Esa ave era o único ser que lle restaba na vida despois do pasamento de toda a súa familia. Felicité axeónllase todos os días diante do animal para rezarlle. Flaubert contemplou un louro real para describilo. Talvez, a sala do concerto debeu aumentar a distancia do público a respecto dos espectadores para preservar a aura. Hemingway conta en Sobre París (Elba) que os locais nocturnos da cidade contrataban actores para se disfrazasen de bohemios e sentasen nas mesas. A súa función era crear un París canalla, o ambiente que buscaban os norteamericanos, aplicados bebedores do carísimo champán. Julian Barnes investigou a fin do paxaro para escribir El loro de Flaubert (Anagrama). Desvela que acabou tendo a mesma fin ca calquera outro mito: esmiuzado pola carcoma no Museo de Historia Natural de Croisset.

photo. Fan Ho

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité