Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 novembre 2012

CHOVÍA CON INTENCIÓN

 

BATMAN

 

Chovía con intención sobre Lugo. Cruzóuseme un amigo socialista lucense imputado; palabras que, a este paso xudicial, acabarán en sinónimas. «Agardo a que escampe, en todo os sentidos», ironizou. Falamos das memorias de Touriño, aínda non as lera. O expresidente lémbrase no volume de varios socialistas lucenses, non todos imputados. Segundo Touriño, Ricardo Varela indicoulle con tosquedade a porta de saída unha semana despois da derrota espetándolle que velo no Hórreo era «unha imaxe que lle desgustaba». Segundo Touriño, minutos despois, Pachi Vázquez animouno a ausentarse do Comité Nacional. Touriño refírese a José Blanco como tal, e non como o acostumado Pepe Blanco. Os tratamentos en política varían canda as mareas. Sinto falar de Pepe Orozco, que para min sempre foi José López Orozco. Estratexia razoada polos asesores do partido. Agora que se cuestiona ao césar, dimitiulle a parella. Era honrada e houbo de parecelo. Os dimisionarios habían de ler a Mailer sobre Nixon: «A política é un xogo cunhas regras que nunca se respectan».

Photo: Denis Dehart

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité