Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 novembre 2012

O KAPAROT DO BNG EN LUGO

 

kapparot

 

O meu fillo, que anda na volta dos seis anos, soña cada mañanciña cun teletransporte que o leve nunha padiola imaxinaria dende a súa cama quente ata o pupitre duro. Eu vouno animando con revelacións como que o doutor en Física Anton Zeillinger deu teletransportada recentemente a estrutura dun fotón a unha distancia de 143 quilómetros. Simplificando, o que deu trasladado son as características do fotón, polo que o reto de levar materia dun punto a outro aínda atranca o avance da ciencia. Houbo un avance moi anterior, non necesariamente logrado polos físicos, de que alguén asuma as responsabilidades doutro. Os xudeos teñen unha cerimonia, o Kaparot, expiar os pecados sen sacrificarse persoalmente. Na véspera do Ion Kipur, collen un galo ou unha pita, segundo sexan home ou muller, para bailala sobre a cabeza mentres recitan a frase: “Este galo vén no meu lugar, reemprázame e é o meu perdón; este galo vai a morte e eu entrarei nunha vida longa e mansa”. A seguir, sacrifícase para que, con esa ave, morran todas as malas accións ou os pensamentos feos. A semana pasada dous concelleiros do BNG en Lugo, Antón Bao e Paz Abraira, sometéronse a un kaparot por unha necesidade de expiación que non semellan compartir, pero que veu teletransportada dende Santiago por boca de Guillerme Vázquez. A alianza co alcalde do PSOE, José López Orozco, marchaba mansamente, pero o rexedor foi imputado por un caso na que a súa culpabilidade está aínda por concretar. Os edís houberon de aceptar unha lei de aplicación xeral sen reglamento que satisfaga particularidades.

photo: Ami Siano

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 574
Publicité