Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 décembre 2012

A XENTE QUE ME RODEA NUNCA DI NADA

fair-noir-hot-dog_nlehrer_20100809

A TERRA emite un murmurio xordo e continuo. Díxomo a radio na medianoite. Acordei cun sabor amargo no ánimo, polo que decidín sandarme coa nana do planeta, como Felipe V sandaba os humores melancólicos co canto de Farinelli. Marilyn Monroe esmagaba a tristura contando a festa aquela na que Errol Flynn quitou o membro máis curto de todos cantos sobresaían do seu corpo para interpretar ao piano You are my sunshine. Non lle atopo a graza ao sórdido espectáculo, polo que me conformei con achegarme á Carballeira. Cando estaba a certa distancia dos coches que pitan diante do centro de saúde e dos berros dos nenos de Fingoi, topei un paporrubio, que me mirou coa estraneza irada coa que Robinson Crusoe descubriu unha pegada humana na súa illa deserta. Gardou o silencio, pero aínda puiden deleitarme durante uns minutos coas voces agudas e intermitentes de merlos e as pegas. Houbo un chío que me cativou durante vinte ou trinta segundos ata que caín na conta de que era o aviso para cegos dun semáforo. Envexei daquela a Marlon Brando. «A xente que me rodea nunca di nada. Seica só lles importa o que teño que dicir eu», queixábase. Durante boa parte do día, imaxino que lles acontece a vostedes, non hai quen me escoite. Están demasiado ocupados en falarme de cousas que non me interesan como para que lles comente asuntos que eles consideran prescindibles.

Photo: Fair noir hot dog Nancy Lehrer

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité