
A TERRA emite un murmurio xordo e continuo. Díxomo a radio na medianoite. Acordei cun sabor amargo no ánimo, polo que decidín sandarme coa nana do planeta, como Felipe V sandaba os humores melancólicos co canto de Farinelli. Marilyn Monroe esmagaba a tristura contando a festa aquela na que Errol Flynn quitou o membro máis curto de todos cantos sobresaían do seu corpo para interpretar ao piano You are my sunshine. Non lle atopo a graza ao sórdido espectáculo, polo que me conformei con achegarme á Carballeira. Cando estaba a certa...
[Lire la suite]