
OS FRAGMENTOS que puiden escoitar pola Radio Galega da investidura do presidente remitíronme a un baile intelectual entre Unamuno e Kennedy. O filósofo que naceu no andar superior ao meu avó materno describía a nosa personalidade como conformada por catro eu: un eu consiste no que somos, outro eu no que nos gostaría ser, un tercer eu responde a como nos proxectamos cara aos demais e o cuarto eu fórmase sobre como nos ven os outros. É costume que os gobernantes non redacten os seus...
[Lire la suite]