Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
5 décembre 2012

O DIRECTOR DO SEGUNDO BANCO DE AMSTERDAM

bob-le-flambeur-1955-11-g

 

Procuro ter cheo o bandullo cada vez que miro Casablanca porque todo o sólido que se inxesta na cinta é unha lata de caviar coa que o Capitán Renault acompaña un solemne Veuve Clicquot de 1926. Rick Blaine (Humphrey Bogart), máis escécptico el,  viaxa entre o martini e o bourbon; mentres que o revolucionario Víctor Laszlo semella un cóctel molotov con ese beber tolo encadeando cointreau, cóctel de champán, wishky e coñac. Casablanca semella un oasis con líquido, pero sen que ninguén se interese por un dátil, ou por un sandwich, se aceptamos o Rick’s Cafe Americain sometido á disciplina de porto franco que representa o menú internacional. Non faltou quen especulase co que se podería xantar n o local. Sarah Key e Jennifer Newman viron publicado en español en 1996 o seu Casablanca. Notas de cociña del Rick’s Cafe (Temas de Hoy). Na cinta, un  home presume de ser «director do segundo banco de Amsterdam...». «Do segundo? O do primeiro é agora o noso cociñeiro», retrúcalle Carl. Isto indica que cociña había no Rick’s, outro asunto é por que non lle daban uso.

Photo: Bob, le flambeur (1955) Jean Pierre Melville

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité