mardi 4 décembre 2012

FALANDO SOBRE UNHA NOVELA QUE ESCRIBÍN, PERO QUE NUNCA LIN

Mario Vargas LLosa queixábase no discurso do Nobel de que a muller adoita reprocharlle que soamente serve para escribir. Eu, recoñecendo a larga distancia entre prosas, aínda agardo a escoitar esa salvedade na miña casa. Entre mentres, acougo fóra, coma fan os amantes de segunda. De cando en vez convídanme a unha desas roldas de lectores que chaman clubs de lectura. Comparezo diante deles co mesmo ánimo esmagado que cando entro no edificio de Facenda, na rúa da Raíña. Sentar cunha ducia de persoas que leron un libro que ti... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]