Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
11 décembre 2012

MANSO CANDO CATIVO, ENGANADO DE MAIOR

pAUL bOWLES

 

UN PAR DE IRMÁNS do meu barrio, en Ribadeo, marcharon a Madrid cando a adolescencia prendía nos seus corpos. O seu pai cheirou democracia e matriculounos no colexio do Pilar, un ximnasio de elites políticas. Cando penso neles, non lembro nada brillante agás que tiñan unha canastra de baloncesto no xardín. Stephan Zweig escribiu en Fouché, retrato de un hombre político (Acantilado) que «na política, rara vez determinan as figuras superiores, os homes de puras ideas; a eficacia está en manos doutros homes inferiores, aínda que máis hábiles». Supoño que na base desa distorsión está o sistema educativo. Desconfío de que un instituto de Ribadeo nos 70 desmerecese notablemente dun centro elitizante de Madrid; sobre todo, porque o culto a memoria que reinaba daquela aprenderá disciplina, pero non favorece o discernimento. Rosseau criticábao en Emilio o la educación (Alianza): «Afacédeos a que se deixen guiar. Queredes que sexa manso cando é cativo e iso é querer que sexa crédulo e enganado cando sexa maior». Dende aquela todo confirmou a súa tendencia a empeorar. O ministro de Educación español ameaza coa centésima reforma sen dar aire para desenvolver a anterior. Wert séntese coma un touro, algo que me reconforta, aínda que fique perplexo coa comparación, propia de quen confunde tauromaquia e cultura. O pai dos meus amigos non se enganou de proxecto educativo: entraron hai vinte anos no ecosistema da Comunidade de Madrid para manterse nos máis variados cargos sen que se lles requerise especialización algunha para xestionar.

photo: Paul Bowles at his apartament. Cheri Nutting

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité