
UN PAR DE IRMÁNS do meu barrio, en Ribadeo, marcharon a Madrid cando a adolescencia prendía nos seus corpos. O seu pai cheirou democracia e matriculounos no colexio do Pilar, un ximnasio de elites políticas. Cando penso neles, non lembro nada brillante agás que tiñan unha canastra de baloncesto no xardín. Stephan Zweig escribiu en Fouché, retrato de un hombre político (Acantilado) que «na política, rara vez determinan as figuras superiores, os homes de puras ideas; a eficacia está en manos doutros homes inferiores, aínda que...
[Lire la suite]