Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 décembre 2012

AS FARFALLADAS DUN PINTOR DE BROCHA GORDA

DaidoMoriyama_Japan-Theatre-Photo-Album_1968_2

 

Kikujiro era o máis pobre e covarde daquel barrio miserable no Toquio dos anos 60. A súa biografía repartíase entre gatuñar "coma un mono" polas fachadas inseguras do polígonos de vivendas en desenvolvemento e asolagar a súa alma nos bares noturnos. A maiores de estar socialmente anegado, Kikujiro vivía domesticamente desaparecido polo xeito dunha muller, Saki, que gobernaba nel, nos catro fillos e máis na asociación veciñal. Un día de lecer, estando a familia na casa, alguén deu unha voz de alarma avisando da presenza dun ladrón nun barrio no que cada casa era unha estensión sentimental da anterior. Unha trintena de bravos saiu na procura do pillabán brandindo armas caseiras. Kikujiro ergueu un machado para lanzarse nunha carreira tola e xusticieira. O seu fillo, o cineasta e humorista xaponés Takeshi Kitano -un neno na altura- lembra en Kikujiro e Saki (Rinoceronte) que o delincuente se revolveu. A procesión punitiva empredeu a carreira contraria: o seu pai, Kikujiro Kitano, encabezaba a fuxida arrepiada. Ao cabo, poida que Silvio Berlusconi sexa o pai de Takeshi e unicamente consiga meter unha miga de temor no aceirado corazón alemán, que é o único que bombea con folgos nestes intres na Unión Europea. Abondou unhas farfalladas sobre a validez da prima de risco como referente para o funcionamento do sistema e un leve soprido ameazador no senso de que volverá comparecer nunhas eleccións. Aínda que todo quede en balbordo sen contido nen motivación, poida que teña o efecto positivo de aliviar o proído na economía española e de facer avanzar a unidade europea. O medo sempre foi unha boa comadroa para a Historia.

Photo: Japan theatre photo album (1968). Daido Moriyama

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 528
Publicité