
Kikujiro era o máis pobre e covarde daquel barrio miserable no Toquio dos anos 60. A súa biografía repartíase entre gatuñar "coma un mono" polas fachadas inseguras do polígonos de vivendas en desenvolvemento e asolagar a súa alma nos bares noturnos. A maiores de estar socialmente anegado, Kikujiro vivía domesticamente desaparecido polo xeito dunha muller, Saki, que gobernaba nel, nos catro fillos e máis na asociación veciñal. Un día de lecer, estando a familia na casa, alguén deu unha voz de alarma avisando da presenza dun...
[Lire la suite]