mardi 25 décembre 2012

O RÍXIDO ACORDEÓN DA CRÍTICA

  NA FEIRA DO libro de Pontevedra de 1996 topei a Ignacio Chao. Como amigos que somos, achegueime a saudalo. El acababa de tirar un libro meu, Todo a cen (Sotelo Blanco), á súa piscina crítica, como facía Umbral coas obras que non lle prestaban. Segundo me achegaba, empezou a poñerse roibo como se lle estoupara un pemento de Padrón no padal. Botou o corpo para atrás e tendeume unha man tan morta coma a da noiva do conto O dedo —que escribiu no século XVI o rabino Isaac Luria—. Advertinlle de que non deixaría de saudalo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:12 - Commentaires [1] - Permalien [#]