
Hai un tópico secular que indica que o home é o único animal que se enfronta en solitario á morte. En realidade, todo ser vivo enfronta a morte acompañado unicamente da súa individualidade, aínda que na temos unha excepción na Chaira. O capón enfronta o pasamento en parella, malia que bota os últimos meses da vida en solitario; coidado, certamente, co mimo dun loitador de sumo. Aínda ninguén me explicou o costume xeneroso de emparellar este pito para un fin tan irreversible como é papalo, máis cando un exemplar abonda...
[Lire la suite]