Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
28 décembre 2012

COMER, LER E AMAR EN PARÍS

 

jean moreau

 

Ernest Hemingway fixo prácticas como novelista en París. Os seus exercicios eran decenas de informacións para o xornal canadiano Toronto Daily Star entre 1922 e 1923, que serven á editorial Elba como base para a trintena de artigos breves que selecciona e edita no libro Sobre París. O correspondente acababa de empezar unha vida de casado e outra de norteamericano sedento de modernidade culta asomándose á vida parisiense dende as terrazas dos bares. O periodismo de entón contábase e cobrábase por palabras, polo que un enviado dun diario aprendía ferozmente a importancia de cada palabra no seu sentido físico. As experiencias que agrupa este volume -noticias, crónicas, reportaxes, impresións e, mesmo, especulacións- son balbucidos da prosa xigante que crearía Hemingway, quen advertiu en 1925 ao seu primeiro editor de que manipular un dos seus textos "desafinaría o conxunto". protonovelista revélanos nesas colaboracións un Hemingway de prosa ordenada, sinxela, eficaz e extremadamente medida. O correspondente transloce unha sorpresa marabillada e sostida sobre a súa vida nova, unha experiencia en constante descubrimento. A sensación que resta tras a lectura é de bosquexo de grande urbanización, descrito cunha prosa insegura, pero atrevida por momentos; tópico en consideración xeral, pero non exenta de loairas prometedoras. Hemingway fala de política con distanciamento porque o que lle interesa son os perfís de rúa, os trazos de ambiente; quere contarlles aos seus lectores a respiración do París postbélico. Os textos máis suxestivos son as crónicas, cando se fai un biopic para que os mundos que nacerán saiban que comeu, leu e amou en París. As informacións pecan por veces dunha permanente necesidade de ser o referente de todo acontecemento, o que nunca é bo para un xornalista, pero resulta elocuente para quen pretenda coñecer a intimidade temperá dunha figura do tamaño que alcanzaría despois este escritor.

Photo: Jeanne Moreau, Oskar Werner and Henri Serre on the set of 'Jules et Jim'. Raymond Cauchetier

(Esta crítica foi seleccionada para a Escuela Revista de Letras de La Vanguardia)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 567
Publicité