Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 décembre 2012

PREMIOS O CABARET VOLTAIRE DE JAUREGUIZAR

victory

 

Esta listaxe reflicte opinións que responden a miña vontade e a unha consciente limitación antidemocrática. Evidentemente, este parapeto non impide que vostedes opinen e presenten votacións, que mesmo discutirei agriamente porque sen paixón non prende a fascinación lectora. Os volumes candidatos son a trintena de libros sobre os que conformei unha opinión abonda, aínda que hai outros dous terzos que non entraron porque non os rematei -por escasearme a apetencie ou tempo-. Grazas pola atención respectuosa. Pasen e vexan.

Premio Librazo do Ano (Aínda que sexa do 2010). El mapa y el territorio. Michael Houellebecq (Anagrama). Finalistas (do 2012): Flores en las grietas de Richard Ford (Anagrama) Murguía de Xosé Ramón Barreiro (Galaxia).

Premio Obra Orixinal e Interesantísima Aínda que non o Parecía. Crónicas de Nueva York, de Maeve Brenan. (Alfabia) Finalistas: A casa das belas adormentadas de Yasunari Kawabata (Rinoceronte) Skugga-Baldur,de Sjón (Rinoceronte). Kikujiro e Saki de Takeshi Kitano (Rinoceronte)

Premio As Cousas das que se Informa Un! (por bonitas): Antón Reixa. Ghicho distinto de Xosé Cid Cabido e Manuel Xestoso (Xerais). Finalista (por indignantes): La soledad de la reina de Pilar Eyré (La Esfera de los Libros).

Premio Por Que Non Lería Isto Antes?: America de Norman Mailer (Anagrama) Finalistas: Retratos de Truman Capote (Anagrama). Retratos y encuentros de Gay Talese (Alfaguara).

Premio Por Que Me Fas Isto? (Eu que te quería ben) 1984 de Haruki Murakami (Galaxia) Finalistas: Sobre París. Ernest Hemingway (Elba). Cartas de Saul Bellow (Alfabia).

 

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité