samedi 29 décembre 2012

PREMIOS O CABARET VOLTAIRE DE JAUREGUIZAR

  Esta listaxe reflicte opinións que responden a miña vontade e a unha consciente limitación antidemocrática. Evidentemente, este parapeto non impide que vostedes opinen e presenten votacións, que mesmo discutirei agriamente porque sen paixón non prende a fascinación lectora. Os volumes candidatos son a trintena de libros sobre os que conformei unha opinión abonda, aínda que hai outros dous terzos que non entraron porque non os rematei -por escasearme a apetencie ou tempo-. Grazas pola atención respectuosa. Pasen e vexan. ... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:31 - Commentaires [0] - Permalien [#]

vendredi 28 décembre 2012

COMER, LER E AMAR EN PARÍS

    Ernest Hemingway fixo prácticas como novelista en París. Os seus exercicios eran decenas de informacións para o xornal canadiano Toronto Daily Star entre 1922 e 1923, que serven á editorial Elba como base para a trintena de artigos breves que selecciona e edita no libro Sobre París. O correspondente acababa de empezar unha vida de casado e outra de norteamericano sedento de modernidade culta asomándose á vida parisiense dende as terrazas dos bares. O periodismo de entón... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:19 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 26 décembre 2012

O MAR CONFUNDIDO COA TERRA

  Hai un tópico secular que indica que o home é o único animal que se enfronta en solitario á morte. En realidade, todo ser vivo enfronta a morte acompañado unicamente da súa individualidade, aínda que na temos unha excepción na Chaira. O capón enfronta o pasamento en parella, malia que bota os últimos meses da vida en solitario; coidado, certamente, co mimo dun loitador de sumo. Aínda ninguén me explicou o costume xeneroso de emparellar este pito para un fin tan irreversible como é papalo, máis cando un exemplar abonda... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:38 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 25 décembre 2012

O RÍXIDO ACORDEÓN DA CRÍTICA

  NA FEIRA DO libro de Pontevedra de 1996 topei a Ignacio Chao. Como amigos que somos, achegueime a saudalo. El acababa de tirar un libro meu, Todo a cen (Sotelo Blanco), á súa piscina crítica, como facía Umbral coas obras que non lle prestaban. Segundo me achegaba, empezou a poñerse roibo como se lle estoupara un pemento de Padrón no padal. Botou o corpo para atrás e tendeume unha man tan morta coma a da noiva do conto O dedo —que escribiu no século XVI o rabino Isaac Luria—. Advertinlle de que non deixaría de saudalo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:12 - Commentaires [1] - Permalien [#]
lundi 24 décembre 2012

XAPÓN TEN AS ESTRADAS LIBRES DE TOUROS DE OSBORNE

  O DIRECTOR xaponés Takeshi Kitano é popular por ese karaoke da zoupada chamado Humor amarillo, coma poderíamos saber de Antón Reixa polo Supermartes. Kitano ten outra dimensión, recoñecida polos críticos de cinema. As súas memorias de infancia, ‘Kikujiro e Saki’ (Rinoceronte), veñen de aparecer en galego. As lembranzas destilan, especialmente, a teimosía da nai, unha ama de casa pobre e analfabeta, en liberar os seus catro fillos meténdoos no ascensor da educación. Tanta importancia lle daba que procuraba templos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:35 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 20 décembre 2012

MEDIDAS ILUSAS, RESPOSTAS INFRUTUOSAS

  Nunca fixen unha listaxe de negras. No suposto de enumeralas figurarían 'El percherón mortal' (Ediciones B), de John Franklyn Bardin, e 'El perro canelo', que George Simenon escribiu en 1931 e que Acantilado recupera nunha gloriosa edición. Ambas as dúas cadran na presenza duns animais (un cabalo nunha; un can, na outra) que vagan por un ámbito no que se producen asasinatos. No caso de Bardin, hai un xogo co surrealismo moi avant la lettre para aquel 1946. As aparicións dun equino estranamente ataviado desacouga e empuxa a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 07:34 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mercredi 19 décembre 2012

A DESPUTA DA PEL

    Ben sabida é a historia de José María Gurtubay, que empezou facendo contrabando de bacallau e acabou por fundar o Banco de Bilbao, que xa escribira Tolstoi que, tras cada fortuna hai un crime. En 1856 fixo un pedido de «100 ó 120 bacallaus», que o telegrafista transcribiu como «1000120», que foi o que lle enviaron. A casualidade marcou que os carlistas rodeasen pouco despois a cidade e o millón pasado de bacallaus fose a solución alimenticia. De aí naceron centos de xeitos de preparalas; entre elas, o pil pil que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 18 décembre 2012

AS FARFALLADAS DUN PINTOR DE BROCHA GORDA

  Kikujiro era o máis pobre e covarde daquel barrio miserable no Toquio dos anos 60. A súa biografía repartíase entre gatuñar "coma un mono" polas fachadas inseguras do polígonos de vivendas en desenvolvemento e asolagar a súa alma nos bares noturnos. A maiores de estar socialmente anegado, Kikujiro vivía domesticamente desaparecido polo xeito dunha muller, Saki, que gobernaba nel, nos catro fillos e máis na asociación veciñal. Un día de lecer, estando a familia na casa, alguén deu unha voz de alarma avisando da presenza dun... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:44 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 15 décembre 2012

UNHA CLIENTELA DOURADA E SUPERFICIAL

  O Café de Flore cumpre os 125 anos travestido en atracción turística para unha clientela «dourada e superficial», como acertou a observar Paul Boubal, neto da saga histórica de propietarios agora desprazada polo serbio Miroslav Slijegovic. O café servía na década de 1910 a Charles Maurras e a banda de lobos que lle asistía na redacción do xornal ultradereitista Action Française. Pouco tardou o poeta Guillaume Apolinaire en desprazalos a base de trasegar absenta cos seus amigos. Esa bebida -que sube en alcool ao pé de 90... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:41 - Commentaires [2] - Permalien [#]
vendredi 14 décembre 2012

NON HAI CON QUEN FALAR

  HAI UNS DÍAS que lle retirei a palabra ao televisor. Antes sempre contestaba aos saúdos dos presentadores, mesmo cando me parecían impostados, como me acontecía con Xosé Ramón Gayoso. O meu tío Juan aprendeume sendo eu neno que se debe contestar ás persoas que entran no salón da túa casa. O seu razoamento baseábase en que prender o televisor é un xesto de convite, por espectral que sexa o visitante. Así que eu, veña a dar fala á imaxe bidimensional, aínda que ela se estenda nun monólogo semellante ao de Bieito XVI. Algún... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]