Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
5 janvier 2013

DESCABALGADO

white-horse-at-night-in-landscape-johann-s-karlsson

 

A mañá de Aninovo amenceu tristeira, pero precisaba de encamiñar axeitadamente a bolsa que me pesaba no estómago, polo que saín andar Ribadeo. Nas Catro Calles atopei a Ibáñez. Non podo dicir que fose exactamente el, senón a elaborada parodia dun rapaz. Imitaba a estatua do fomentador do século XVIII que o Concello situou na casa consistorial. O home vestira a levita de cor azul Sargadelos sobre un chaleque vermello e uns pantalóns negros que baixaban ata media barriga da perna. Unha perruca e uns calcetíns de tenis reforzaban o escarnio. A estatua municipal ergue un brazo en xesto de fasquío mentres descende a escaleira do seu pazo. Ese aceno resume a permanente actitude do empresariado do país, canso de atrancos. Tanta dificultade acaba alimentando que os máis encendidos liberais sexan funcionarios que piden reducir o sector público con tanta convición coma os ribadenses miran a representación do seu vello emprendedor. O arrepiante é que a astracanada de Aninovo producíase no lugar no que tres séculos antes uns bárbaros descabalgaban a un Ibañez en fuga dos que se conducían a asaltarlle o pazo.

Photo: White horse at night in landscape de Johann S. Karlsson

(Artigo completo en El Progreso)

 

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité