Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 janvier 2013

O BICICLETA PERCORREU CEN ANOS

Song12

 

CANDO XOGABA ao fútbol de rapaz, Francisco Fernández del Riego era alcumado O Bicicleta. El atribúe ese sobrenome a que era «un extremo moi rápido», pero talvez proceda doutra virtude ciclista: a constancia. O intelectual de Lourenzá (1913) rexeu toda a súa vida polo rito de erguerse ás sete da mañá. «Teño que seguir adiante, obrigarme a madrugar, a escribir, a camiñar: se non manteño esa disciplina, estou perdido», declaraba con 94 anos, tres anos antes de morrer. Nunca deixou de render culto a esa convición, mesmo cando o caxato lle era insuficiente e un ordenanza municipal debía socorrelo para avanzar dende a casa ata a Fundación Penzol. Ese afán tiña como finalidade Galicia, unha xeira que ninguén lle encomendou, pero que se botou ao lombo tras sentir como petaban nel os paos dos policías e as burlas dos compañeiros do claustro de San Bernardo no Madrid de 1931 - «los gallegos sois aguadores y mozos de cuadra»-. Del Riego estaba afiliado á Agrupación al Servicio de la República, liderada por unha troica brillante: Ortega, Marañón e Ayala. Logo se desencantou. «O republicanismo non resolveu os problemas esenciais, derivou ao que era pura anécdota, por non dicir provocación».

Photo: Miners. Song Chao

reportaxe completa en El Progreso

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité