samedi 12 janvier 2013

BUSCANDO PIZZA NOS BARRIOS MÁIS GASTADOS DA CIDADE

  A proposta era xantar nun italiano de Oviedo, pero demos nun asador de aparencia populosamente tétrica presentado en fiestra de aluminio dourado. A desacougante sensación viuse aliviada por unhas solemnes pizzas napolitanas, que respectaban varias das normas que estableceu a Associazione Verace Pizza Napolitana. Non lles requerín tomates naturais cultivados no Vesubio nin aceite verquido en espiral partindo do centro conforme o correr da agullas do reloxo, pero si unha masa con ollos menos abertos cós da ponte da Chanca. Con... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 07:15 - Commentaires [0] - Permalien [#]