Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
15 janvier 2013

NUNCA REPETÍA DORMITORIO

life-style-louging-photo-pamela-hanson

 

O único disco de Bruce Springsteen que me interesa é Nebraska. O resto, acáeme soberbio, no senso máis censurable. Ese álbum de 1982, que interpretou a voz, guitarra e armónica, é unha carta ao primeiro folk norteamericano, o que terían cantado nas películas de John Ford se o irlandés tranquilo non percibise a música coma unha perda de tempo narrativo. Imaxino, logo, a John Wayne e os cowboys sentados arredor da fogueira termando dun garabullo cunha costela sobre o lume e deleitándose coa estarrecedora morriña das onomatopeias de Nebraska. Bruce Chatwin, o nómade que regresa agora coa publicación das súas cartas no volume Bajo el sol (Sexto Piso), tería cantado tamén esas pezas con inocente felicidade. Estou seguro de que o escritor e viaxeiro odiaría que o meu fillo Antón volvese mirar onte por 256ª ocasión a película Cars. O cativo sabe de memoria cada atranco que supera o coche humanoide para gañar a Copa Pistón, pero o tema do heroe que acaba regresando a Itaca como triunfador achégalle unha seguridade que o reconforta. No lugar no que me criei, en Ribadeo, os desempregados veñen de fixar unha sociedade de troco que chaman, con esa terminoloxía pedante da que nos dotou a posmodernidade, Banco de Tempo. Os parados da vila costeira lucense, na outra banda de Pontevedra do mapamundi galego, cansaron da paisaxe cotiá de derrotas. Inventaron unha New Deal, unha nova fronteira kennedyana. Chatwin facíao cada mañá, nunca repetía dormitorio. Cando non atopaba unha epopea abondo exultante, inventábaa. Como dicía Cunqueiro cando o acusaban de mentirán. "Que culpa teño eu de confundir a realidade e a imaxinación?"

Photo: Life style. Pamela Hanson

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité