Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
19 janvier 2013

A BUSCA DOS NÓMADES

tumblr_ldyou0wCkc1qzfye6o1_1280

 

Bruce Chatwin escribiu a súa primeira carta aos seus pais cando tiña oito anos. A misa do domingo viña de rematar no colexio Old Hall, de Shrospshire. Ao longo dos 40 anos que se sucederon detrás nunca deixou de escribir cartas. A poetisa Pam Bell aseverou que cada misiva era a proba de que «durante uns minutos lle importaras». A correspondencia de Chatwin foi recollida en Bajo el sol (Sexto Piso). A súa comunicación escrita máis famosa é: «Marcho catro meses á Patagonia (quizais sexan seis)». Serviulle para despedirse dun atractivo e prestixiado traballo de perito en Sotheby’s. «Cando me preguntan por que viaxo, adoito responder que sei moi ben do que escapo, pero non o que procuro», escribiu Chatwin. A visita ao monte Athos, perto do mar en Grecia, foi o xeito de saciar «unha ambición que tiña dende neno». A pesar de que ten considerado a relixión como «unha guía de viaxe para os sedentarios», pareceu atopar nos mosteiros ortodoxos dese lugar a solución ao enigma que procuraba dende aquela carta posterior á misa colexial: «A busca dos nómades é unha busca de Deus".

artigo completo en El Progreso

photo: Monasterio Monte Athos. Gabriel Figueroa

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité